miércoles, 3 de septiembre de 2014

El Agra, breve análisis DAFO

El Agra del Orzán es un barrio de la ciudad de A Coruña, con una altísima densidad de población (en torno a los 600hab/ha), de las más altas de España. Se formó en los años 60, un barrio de “aluvión” desarrollado, sin una planificación coherente, para dar respuesta rápida a la demanda de viviendas baratas para la población procedente del rural.

El Agra del Orzán; imagen de base: Google Maps

Los tres indicadores que sintetizan y caracterizan fuertemente al barrio son:
1 – Deficiente planificación urbana y escasez de espacios libres:
El proceso de construcción del barrio, caracterizado por la ausencia de una planificación estratégica clara y la búsqueda del beneficio económico, generó un tejido urbano ultradenso, con edificios de gran altura y calles estrechas (muchas veces, en origen sin asfaltar y sin infraestructuras), así como una insuficiencia en las dotaciones y espacios libres exigibles para alcanzar un nivel suficiente en la calidad de vida urbana, situación ésta que persiste, aunque mejorada, en la actualidad.

Tejido del Agra en relación a la ciudad; imagen de base: PXOM Coruña

 2 – Elevada densidad de población:
Llama poderosamente la atención los datos que el Observatorio Urbano de A Coruña refiere para el Distrito 6 de la ciudad (“Distrito 6: Parte de Ronda de Nelle, Calle Barcelona, Agra del Orzán, parte de Ronda de Outeiro, Entrepeñas, Bellavista, Las Conchiñas, La Gramela, Plaza del Comercio y Avda. de Finisterre hasta Avda. de Peruleiro”): superficie 0,45 ha; población (INE 2012) 27.216 hab; densidad 60.800 hab/Km2. Es decir, una gran cantidad de población en una superficie realmente pequeña.

3 – Multiculturalidad e inmigración:
Observando los indicadores sociodemográficos del ámbito, sobresalen los datos de envejecimiento de la población y de presencia de personas inmigrantes (próximo al 20% de la población extranjera que vive en la ciudad, dato que hay que poner en relación con la superficie de la pieza urbana).


Un análisis DAFO (Debilidades, Amenazas, Fortalezas y Oportunidades) es un método que permite estudiar las características internas (debilidades y fortalezas) y las circunstancias externas (amenazas y oportunidades) del objeto investigado.
Presentamos un breve análisis DAFO que permite visualizar sintéticamente la situación del barrio, haciendo hincapié en las variables de morfología y ocupación del suelo, población y economía:



Estas son parte de las cartas con las que deberá jugar el barrio del Agra del Orzán para alcanzar un futuro sostenible.
Busquemos ahora iniciativas que den respuesta adecuada a los problemas y expectativas de los ciudadanos.













O Agra del Orzán é un barrio da cidade da Coruña, cunha alta densidade de poboación (en torno aos 600 hab/ha), das máis altas de España. Formouse nos anos 60, un barrio de "aluvión" desenvolvido, sen unha planificación coherente, para dar resposta rápida á demanda de vivendas baratas para a poboación procedente do rural.

Os tres indicadores que sintetizan e caracterizan fortemente ao barrio son:
1 - Deficiente planificación urbana e escaseza de espazos libres:
O proceso de construción do barrio, caracterizado pola ausencia dunha planificación estratéxica clara e a busca do beneficio económico, xerou un tecido urbano ultradenso, con edificios de grande altura e rúas estreitas (moitas veces, en orixe sen asfaltar e sen infraestruturas), así como unha insuficiencia nas dotacións e espazos libres esixibles para alcanzar un nivel suficiente na calidade de vida urbana, situación esta que persiste, aínda que mellorada, na actualidade.


2 - Elevada densidade de poboación:
Chama poderosamente a atención os datos que o Observatorio Urbano da Coruña refire para o Distrito 6 da cidade ("Distrito 6: Parte de Rolda de Nelle, Rúa Barcelona, Agra del Orzán, parte de Rolda de Outeiro, Entrepeñas, Bellavista, Las Conchiñas, La Gramela, Praza do Comercio e Avda. de Finisterre ata Avda. de Peruleiro"): superficie 0,45 ha; poboación (INE 2012) 27.216 hab; densidade 60.800 hab/Km2. É dicir, unha gran cantidade de poboación nunha superficie realmente pequena.

3 - Multiculturalidade e inmigración:
Observando os indicadores sociodemográficos do ámbito, sobresaen os datos de envellecemento da poboación e de presenza de persoas inmigrantes (próximo ao 20% da poboación estranxeira que vive na cidade, dato que hai que poñer en relación coa superficie da peza urbana).

Unha análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) é un método que permite estudar as características internas (debilidades e fortalezas) e as circunstancias externas (ameazas e oportunidades) do obxecto investigado.
Presentamos unha breve análise DAFO que permite visualizar sinteticamente a situación do barrio, facendo fincapé nas variables de morfoloxía e ocupación do solo, poboación e economía:


CARACTERÍSTICAS INTERNAS
DEBILIDADES
Crecemento urbanístico desmesurado e sen planificación.
Escaseza de zonas verdes e espazos libres debido á falta de planificación durante os anos de construción do barrio.
Escaseza de solo vacante ou reutilizable para novas dotacións e zonas verdes.
Indicadores metabólicos: niveis de contaminación acústica, visual e do aire relativamente elevados.
Escaseza de arboredo na maioría das rúas.
Densidade de poboación extremadamente elevada.
Envellecemento da poboación.
Presenza dalgún indicador de vulnerablidad.
Rozamentos sociais pola alta presenza de inmigrantes.
Sentimento de abandono polas administracións públicas.
Escasa modernización do sector comercial.

FORTALEZAS
Centro Ágora.
Excelente accesibilidade: Rolda de Outeiro, Rolda de Nelle, Terceira Rolda.
Rúa Barcelona peonil.
Presenza de elementos de patrimonio cultural que poden poñerse en valor.
Masa demográfica.
Multiculturalidade.
Elevada presenza de artistas no barrio.
Forte identidade de barrio.
Existencia de moitas asociacións e colectivos que operan no barrio.
Amplo desenvolvemento do comercio local.

CIRCUNSTANCIAS EXTERNAS
AMEAZAS
Desleixo e falta de visión á hora de abordar e solucionar problemas da cidade.
Risco de conflito veciñal.
Percepción da zona como área pouco interesante pola cidadanía do resto da cidade.
Presenza de grandes superficies comerciais próximas que captan o público e dificultan a pervivenza do comercio local tradicional.
Tendencia ao peche de comercios e á non substitución por actividades novas.

OPORTUNIDADES
Plans e programas europeos para a rexeneración urbana.
Posibilidade de estruturar un urbanismo sostible con especial atención aos plans integrais de mobilidade: espazo para bicicletas, vías de coexistencia, espazos para transporte público, etc.
Alto valor da presenza de diferentes culturas nun barrio.
Posible lugar de localización de novos negocios e profesionais, se reforzase positivamente a imaxe da zona.
Dispoñibilidade de superficie comercial a prezos competitivos.

Estas son parte das cartas coas que deberá xogar o barrio do Agra del Orzán para alcanzar un futuro sostible.
Busquemos agora iniciativas que dean resposta axeitada aos problemas e expectativas dos cidadáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario